oben
links
O Noso BurgoNoticiasOnde EstamosForo VeciñalContactarBuscar¿Usalo Foro?
rechts
header1.jpg
Enlaces Interese
O Noso Burgo
Carta Presentación
Directiva
Onde Estamos
Noticias
Comercios Asociados
Comercios Concertados
Galerías Fotográficas
Foro Veciñal
Enlaces
Contactar
Preguntas Frecuentes
Histórico Actividades
Melloras Accesibilidade
Entrada Veciños





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Horario Trenes

Rss-Sindicación
 
Solicitudes a AENA
jueves, 26 de enero de 2012

O día 20 de xaneiro deste ano, foron presentadas solicitudes na Delegación do Goberno de Galicia dirixidas a AENA para pedir que se fagan medicións de són en domicilios de O Burgo e Cambre ao paso das aeronaves por riba das súas casas por creer os propietarios que soportan ruidos superiores ao permitido para a saúde.

Caso de daren positivas as medicións AENA ten que insonorizar as vivendas con custe 0 para os propietarios, neste caso a asociación presentou 202 peticións, estas instancias tamén se presentarán na Fiscalia de Medio Ambiente do TSXG, para acompañar á denuncia que xa tiña presentado O Noso Burgo por este tema.


 
Carta aos Asociados
miércoles, 11 de enero de 2012

Estimado asociad@

Dirixímonos aos asociados por mor de comezar un ano novo, o motivo desta carta é
poñer en coñecemento dos nosos asociados as actividades que a nosa asociación fixo
e participou no ano 2011 que acaba de rematar.
-Fíxose unha gran asemblea aberta a toda a cidadanía para explicar o procedemento
da insonorización das vivendas no Burgo (algo que a nosa organización ven
pidindo dende o ano 2005), e tamén axudar a todos aqueles que quedan fóra do
proxecto a pedir que se midan o decibelios dentro das súas vivendas. Fixemos
unha gran sardiñada e un magosto (ambos gratis para os socios), organizamos unha
excursión á costa da morte. Demos un curso de bolillos no noso local. Promovemos
unha campaña de apoio ao transporte público especialmento ao tren e que a nosa
asociación publicou os horarios dos trens que viaxan diariamente dende O Burgo a
Coruña e Ferrol. Xuntamos aos veciños das rúas Sanjurjo de Carricarte e Hersa co
Alcalde no noso local para tratar as melloras das rúas. Participamos activamente na
manifestación no mes de outubro pidindo a limpeza integral da nosa ría. Mantivemos
unha entrevista co alcalde Julio Sacristán para tratar o estado do barrio no que
a Xunta Directiva da asociación expuxo 27 puntos de reclamación de obras ou
melloras para O Burgo recollidas pola directiva por peticións populares (estes puntos
aparte de estar expostos na nosa web, tamén se explicarán na vindeira asemblea
xeral).
Como se pode albiscar, a nosa asociación ten unha actividade incesante e
permanente, que ven dada co obxectivo de acadar que o noso barrio teña as
comodidades e calidade de vida ao nivel máis alto posible.
A crise económica que afecta ao noso estado lévanos a buscar promocións para os
nosos asociados, dámosvos a coñecer estas:
Como ben sabedes nos comercios concertados fan desconto á hora de mercar
neles por pertenecer a asociación (xunto cos carnets mandamos unha relación
deles).
Para os que viaxen a Madrid e teñan que pernoctar hai uns descontos
estupendos para hospedarse, os interesados chamen ao móbil da asociación
676885575.
Para os que precisen contratar seguros (automóbil, fogar, comercio, vida,
comunidades, saúde, decesos etc.) contactar con Marcos Carreira, móbil
607400528, e participar que é un socio de O Noso Burgo para aceder ao
desconto.
Estamos sempre na procura de axudar aos noso veciños! Por iso esperamos que estas
xestións vos sexan de utilidade e deservos a todos un bo ano e moita saúde para
todos.
Unha aperta.
A Xunta Directiva
 
Xuntanza co alcalde 2011
lunes, 12 de diciembre de 2011

O NOSO BURGO TEN UNHA XUNTANZA CO ALCALDE DE CULLLEREDO  LUNS AS 19`30  NA CASA DO CONCELLO , TEMAS A TRATAR!(o obxectivo é tratar de acadar melloras que faciliten a nosa convivencia e arranxar os problemas que xurden a cotío para ter unha mellor calidade de vida)


PETICIÓN DE OBRAS

- Aparcadoiro de motos en Ramón Cabanillas. (Pintar un novo aparcadoiro

de motos, nunha zona que está con cebreado) aceptado!

- -Falar das obras de S. de carricarte e rúa Hersa (traslado de colectores de

lixo e mellora no mobiliario urbán) para o mes de xaneiro comezarase a

obra!

- -Bar no paseo de O Burgo. vai sair licitado

- -Barandas na ponte da AC211 ao paso por riba da vía do tren. Están rotas

e enferruxadas é competencia da Xunta, pasarase aviso!

- Asegurar as lousetas en Costa da lonxa, na ponte que pasa por riba da

autoestrada. Ese vial é da Deputación Provincial darase aviso para que

as aseguren ou as cambien.

- Beirarúas ao carón da igrexa, en sentido ao Burgo, farase unha beirarúa

pola beira de onde está a igrexa

- Arranxar un baden na rúa Largo Caballero, aviso ao equipo de

mantemento do Concello

- Autorización a unha comunidade para poñer os carteis de prohibido cáns

na súa zona verde na rúa Largo Caballero. Concedido

- Pintar dous metros de liña amarela na av. de Ribados por mor dunha saída

de garaxe sen visibilidade. Concedido

- Está pendente un local para o estacionamento da av. De Ribados que den

servizo ás rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. Habilitarase un local de

estacionamento pola parte de atrás do edificio de Freitava

- Regulamento sobre terrazas. Cando prevé aplicar o novo regulamento?

(comentar o asunto por queixas de veciños) O novo regulamento está en

fase de alegacións.

- Xestións sobre a instalación de oficina de correos para O Burgo. O asunto

segue igual, falla de vontade por parte de correos

- Reforzo ás brigadas de protección civil. (mellor equipamento para atallar

urxencias de incendios mentres non chegan os bombeiros de arteixo),

solicitamos que se mellore a equipación e que se mercara un novo

vehículo.todo depende do tema económico

- Comentar os plazos de illamento acústico para as vivendas de O Burgo.

- Cóntase comezar os traballos o ano que ven, de todos os xeitos hai

prazos para rematar o illamento ata o 2014

- Comentar a nova petición de licenza no pub Chévere por iniciar a

actividade a nova xerente Renováreselle a licenza de pub á nova

xerente


- Falar sobre o proxecto da xunta para a rexeneración da ría e os prazos de

execución da obra. Hai puntos en acordo e desacordo co proxecto da

xunta.

- Substitución da arbores do paseo marítimo de O burgo, hai moitas queixas

dos alérxicos O ano que ven comezarase a substituir os que hai por

outros que aporten menos polen

- Colectores de lixo en parada bús fronte á praza de Galicia (estorban)

serán trasladados!

- Limpeza da maleza na zona de RENFE pasarase aviso á compañía

- Modifica sinais na rúa Ferrocarril corrixiranse o antes posible!

- Horario de recollida de vidro. Avisarase ao consorcio para que

mude o horario de recollida de vidro e non moleste aos que están

descansando.

- Arqueta fronte ao FROIZ cada vez que chove érguese. Revisarase.

- Mantemento dos pasos de Peóns en Fronte ás Palmeras farase unha

inspección da ponte peonil por se precisa limpeza ou pintura.

- Bando informando das obrigas aos propietarios de mascotas e tomar medidas contras os grafiteros.

- Publicarase próximamente

- Limpar maleza fronte a servizos múltiples (aparcadoiro)

- Aviso ao equipo do concello

- Placa identificativa na rúa F. Perez de Traba (non hai) colocaranse o

antes posible tanto a placa como as papeleiras

- Papeleras na rúa A. Pan Vieiro (non hai ningunha)

- Esfaltado na rúa Mosteiro de sobrado

- Farase un estudo

- -----------------------------------------------------------------------------------------

- OBRAS FEITAS POR PETICIÓN DE VECIÑOS


-Alumeado no parque infantil da Cros (hai que poñelo en funcionamento)

Tan axiña como están a licenzas ponse en funcionamento

- Obras de aceso a av. Xoan Carlos 1º dende a zona verde do paseo de O

Burgo. (Quedaron ben feitas)

 
Necesidades do barrio
martes, 29 de noviembre de 2011

E X P O Ñ E M O S:


Que debido a necesidades do barrio que nos pediron os veciños que expuxeramos

nesta alcaldía e tamén para valorar o estado das obras que xa están rematadas e

outras que están en curso, consideramos que debemos pedir unha entrevista co

alcalde do Concello de Culleredo, por iso.


S O L I C I T A M O S:


Unha entrevista a xunta directiva da asociación co alcalde para valorar os temas

arribas descritos.

O Burgo, 28 de novembro de 2011

O presidente.

 
Cans en zonas verdes
viernes, 25 de noviembre de 2011
E X P O Ñ E M O S:

Que despois de ter solicitado tanto por escrito como persoalmente uns letreiros
informadores de prohibición de cans para a zona verde da rúa Largo Caballero,
a comunidade de veciños de Largo Caballero 7A, 7B, 7C, 7D, integrada nesta
asociación pediu á dirección da asociación que solicitaramos autorización para
colocar os letreiros eles mesmos con custe á comunidade de veciños, isto é
debido a constantes rifas entre veciños con cáns que levan á zona verde a
facer as súas necesidades e non recollen os escrementos, e veciños da dita
comunidade, o obxectivo é rematar esta situación tan desagradable!, por iso.

S O L I C I T A M O S:

Que se nos autorice a colocar os nomeados letriros na zona verde da da rúa Largo
Caballero.
Xunto a este escrito achéganse fotografias do estado do céspede
O Burgo, 26 de novembro de 2011
O presidente.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 9 de 75


Manisfestación Ría Burgo

Limpeza Ría
Solicitude AENA

COMERCIOS ASOCIADOS
Añadir Ingreso
Buscar

Pesquisa
Esta web...
 
¿Quen está en línea?

(C) Asociación veciños O Noso Burgo.Culleredo. Diseño DisGalNet - 2008.